Unha lectura colectiva e en voz alta

La Voz

SANTIAGO

16 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A iniciativa da Fundación Granell de propoñer a lectura de obras dun autor en voz alta non é nova. Onte foron dous poemarios e un relato de Avilés de Taramancos os que deron a ler. Acoderon máis dun cento de persoas, dende o alcalde, que abriu as quendas, os concellais do BNG e o do PP Dositeo Rodríguez, ata a viúva e os tres fillos do poeta homenaxeado, que chegaron por sorpresa ás dúas da tarde. Tamén se sumaron a esta lectura moitos actores, escritores e xentes da cultura de Compostela.