Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Non busco referencias, exprésome co trazo do pincel»

Concha Pino SANTIAGO

SANTIAGO

El cronómetro | Aurichu Pereira PINTORA, EXPÓN DENDE HOXE NA GALERÍA SARGADELOS Aurichu retoma a súa vocación artística cando recupera o tempo de máis vagar e co bagaxe da madurez persoal e da experiencia dunha vida intensa.

28 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? pintura é a vocación pola que a compostalá Aurichu Pereira traballou e apostou sendo moi nova, pero que deixou a un lado durante anos «porque non é posible ser artista e tendeira a un tempo, así que cando me xubilei da tenda volvín ós pinceis». E esta tarde inaugura a súa primeira exposición individual na galería Sargadelos, Viaxata ó xardín de Aguiar . -Sobre todo de tempo. Tamén de madurez persoal, de acumular máis coñecemento e impactos da vida, de reflexionar sobre o que parece normal e non o é. -Catro retratos e unha serie de paisaxes. ¿Como explica esta montaxe? -Deixeille esa decisión a Silverio Rivas. A mostra son 18 obras cunha unidade de estilo que pintei no 2000 e no 2003. Teño máis, claro, de antes e de despois, pero nestas hai unha evolución de principio ao fin. -¿Encadraría a súa obra nun estilo concreto? -Non, penso que non é clasificable. Dende logo non é abstracta. Non busco referencias nin modelos, só me deixo ir e exprésome a través dos trazos do pincel. Cando retomei a pintura non foi pensando en expoñer. Fixen o que quería facer honradamente e con seriedade. -Pintura de emocións. -Por suposto, e iso nótase, penso eu. Son cadros que nacen de impactos, que afloran da memoria, que para min é moi importante e vital para pintar. Hai un cadro que son paraugas, froito da impresión que me produciu a primeira manifestación pola traxedia do Prestige. E outro que responde ao impacto dunha imaxe do Ramadán. -¿Seguirá expoñendo? -Esta non é un amago. Se empezei a traballar é para seguir, malia o pánico que sinto diante do lenzo en branco. ­