11 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.
O encontro Xuventude Galicia Net, dirixido a persoas de 16 a 30 anos e que se vai celebrar no Pazo de Congresos de Santiago o 30 e 31 de marzo e o 1 de abril, ponse en marcha co requisito de darse de alta como usuarios na páxina www.xuventudegaliza.net , para o que teñen de prazo ate as 13.00 horas do día 15. Despois poden facer a preinscrición entre as 17.00 horas do día 17 ás 24.00 horas do 18. Os que obteñan praza deben pagar 37 euros de inscrición.