«Un álbum ofrece dúas visións distintas dunha obra polo mesmo prezo»

C. P.

SANTIAGO

29 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A editorial OQO presenta esta tarde na libraría Couceiro o álbum A illa dos cangrexos violinistas , unha obra para lectores de 8 a 12 anos escrita por Xavier Queipo (Compostela, 1957) e ilustrada por Jesús Cisneros que amosa a importancia das vivencias e a sabedoría dos maiores, dos avós, á hora de descubrir cousas novas, mundos coma o dos cangrexos desta historia protagonizada por Moi, unha nena que quere saber máis destes animais mariños. É o segundo libro infantil de Queipo, autor recoñecido pola súa literatura para adultos.

-¿Como nace este libro?

-Un pouco de casualidade. A editorial foi presentar un libro a Bruxelas, onde traballo, e medio entre bromas quedamos en que lles mandaría un par de textos. Gustou na linguaxe, para facela máis axeitada para os nenos e fuxindo de moralinas didácticas.

-¿E a historia?

-Ten que ver con algo que me pasou en Xamaica hai bastantes anos que me produciu pesadelos. Durmiamos nun bungalow , e pola noite espertamos rodeados de cangrexos. Parte diso.

-¿Que ten un álbum que non teña un conto ilustrado?

-Que polo mesmo prezo tes dúas visións distintas da mesma obra, arte por partida dobre. Non se trata de debuxos que complementen o texto nin ao revés. Teñen a mesma importancia e están feitos con respecto mutuo. Eu e Cisneros non nos coñecemos, a editora actuou de intermediaria e foi unha experiencia moi interesante.