? O proxecto xa obtivo o respaldo do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández
22 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.O Cluster das Tecnoloxías da Información e Comunciación (TIC) de Galicia ultima un plan de internacionalización específico para as empresas TIC galegas que, segundo confirmaron os responsabeis do clúster, contará co respaldo da Consellería de Economía e Industria.
Esta colaboración da Xunta é unha das consecuencias do encontro que mantiveron hai uns días o conselleiro Javier Guerra Fernández e o presidente do clúster, Gerardo Crespo Riestra, quen comprometeuse a presentar ao conselleiro un primeiro borrador do plan no prazo dun mes.
O titular de Economía e Industria ratificou que o seu departamento otorga ás TIC a calidade de «sector estratéxico», e comunicou a Crespo que recentemente, nun encontro con Javier Aguilera, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), xa tomara a decisión de dar un pulo á colaboración entre a Administración autonómica e o Clúster TIC.
Na reunión de Guerra con Crespo tamén acordouse a posta en marcha por parte do clúster de iniciativas para promover o acceso das empresas galegas do sector ás oportunidades de financiamento que ofrecen os fondos de capital risco promovidos pola Xunta.
NEGOCIO E «NETWORKING»
Horas despois de confirmarse o acordo coa consellería, o Clúster TIC convocou para o vindeiro 16 de febrerio a que será a primera Xornada de Negocio e Networking, baixo o epígrafe Facendo nacer as oportunidades, que se celebrará en Santiago de Compostela.
A xornada, que nace coa vontade de ter continuidade nos vindeiros anos, «será un punto de encontro entre profesionais, empresarios e emprendedores do sector TIC cun obxectivo moi claro: coñecerse persoal e profesionalmente como primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio», subliñou o voceiro do clúster.
Os participantes na xornada manterán encontros persoais, para o que se aplicará un sistema de rotacións que garantirá que cada un dos participantes teña mantido unha entrevista persoal con cada un dos seus colegas: «Esta mecánica é ideal para identificar posibles clientes, socios, colaboradores ou provedores -engadiu a mesma fonte-, ou mesmo desenvolver ideas que permitan iniciar liñas de cooperación».
A xornada estará aberta a socios e non socios do clúster, e o prazo de inscrición xa está aberto. Os interesados poden atopar toda a información e a folla de inscrición na páxina www.clusterticgalicia.com; ou establecer contacto vía correo electrónico: info@clusterticgalicia.com; e tamén vía telefónica no número 981 569 893.
La gallega Tórculo Artes Gráficas, que hace un año estrenó filial en Francia, acomete un plan de expansión en ese país y otros europeos para, tal como ha precisado su portavocía, «ir más allá de la venta de productos y servicios para abordar futuros proyectos de colaboración para abrir mercados»
Coincidiendo con el primer aniversario de Tórculo France, la firma organizó en París una presentación de sus servicios y de proyectos de futuros proyectos.
En el acto convocado en la capital francesa participaron representantes de una docena de empresas galas, así como directivos de varias entidades; por ejemplo y entre otras: de la Cámara de Comercio de España en Francia; Rungis Internacional; Semmaris; Pexga Plataforma Galicia, y de la Oficina Económica y Comercial de España. También acudió a la reunión Joël Gayssot, responsable de la agencia de desarrollo de la estratégica comarca de Val de Marne (extrarradio de París); Juan Penas, secretario general del Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, y lógicamente Jacobo Bermejo, consejero delegado de Tórculo.
Tórculo, empresa dedicada a los servicios gráficos y de comunicación, tiene su sede central en Santiago, cuenta con sendas delegaciones en A Coruña y Vigo, más la sede de la empresa filial, en París.
Jacobo Bermejo, consejero delegado de Tórculo Artes Gráficas
Gerardo Crespo Riestra, presidente
do Clúster TIC de Galicia