Os cursos de lingua e cultura galegas reciben a alumnos de vinte nacionalidades

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Marta Ferreiro

Nesta edición participan setenta estudantes, que recibirán formación entre o 2 e o 24 deste mes

01 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras organizados pola Real Academia Galega (RAG) contarán nesta edición, que xa suma a número trinta e dous, cuns 70 estudantes procedentes de vinte países de catro continentes. Celebraranse en Santiago entre o 2 e o 24 de xullo, e neles desenvolveranse clases teóricas e prácticas sobre o idioma e cultura da comunidade con palestras, excursións e obradoiros.

Representantes de varias institucións recibirán ao alumnado na inauguración, o martes ás 12.30 na Facultade de Filosofía da USC. Os estudantes desta nova edición proceden de Rusia, Finlandia, República Checa, India, Madagascar, Estados Unidos, Venezuela e distintas comunidades de España, entre outros. A RAG organiza estes cursos da man do Instituto da Lingua Galega da USC e a conferencia inaugural, do presidente da Academia, Víctor Freixanes, será o xoves na Coruña.