«Para min, o traxe é todo»

daniel bernardo / i. c. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Malia as circunstancias, ducias de persoas animáronse a desfilar este ano

26 jul 2020 . Actualizado a las 03:57 h.

Sen concurso de traxes, con máscara e mantendo as distancias; pero ao final houbo desfile. Ás once e media da mañá xa empezaban a chegar os primeiros participantes perfectamente ataviados con roupas ben coidadas e mesmo bordadas en acibeche. Iso si, as circunstancias obrigaron a reducir o número de participantes, dos 400 do ano pasado a uns 50. Pilar Astray, presidenta da Asociación do Traxe Galego, recoñecía que «non podiamos quedar sen facer algo no Día do Traxe. É unha alegría porque viñamos baixando pola zona vella e víase que a xente miraba con alegría. Aínda que só sexa por iso, xa merece a pena sacrificarse. Para min, o traxe é todo».

Jesús Calvo, membro da asociación, amosábase satisfeito co éxito que se perfilaba nos primeiros momentos da marcha: «Alégrome moitísimo de que ao final estea chegando a xente. A verdade é que vexo bastante e pensei que ía vir algunha menos». Este ano a festa adquire un color especial ante a ausencia de grandes actos culturais deste Apóstolo. Jesús considera que «este día é o día da nosa cultura. Levamos os nosos traxes, a nosa cultura, e presentámoslla a todos os que estean na cidade».

Os asociados xa ocupaban as posicións marcadas pola organización ás doce en punto. As pandeiretas e as gaitas comezaron a entoar melodías tradicionais que encheron as rúas do casco vello de enxebrismo e boas vibracións fronte á calma estraña das rúas compostelás para unha época coma esta. Esa alegría contaxiouse ás ducias de persoas que seguían o desfile. A experiencia para algúns espectadores foi «profundamente emocionante», tal e como describe Francis Santos, un músico murciano que chegou a Compostela facendo o Camiño. Francis contaba que «los trajes son preciosos y la banda de gaitas y panderetas suena genial, esta música es preciosa». Os foráneos tamén puideron aprender como se poñen os traxes e de que se compoñen, varios turistas achegáronse aos participantes na praza de Cervantes intrigados por todas as prendas que vestían e eles explicáronlles todo encantados.

O esforzo desenvolvido polos valentes e comprometidos a desfilar na 41 edición é tremendo. Tal e como explicaba o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, tamén ataviado, «o gran traballo que se fai desde a asociación tiña que estar nas Festas do Apóstolo si ou si». Festas coma esta, continuou o concelleiro, «espero que chamen a atención de moitos».

As máscaras foron as protagonistas que ninguén pensara para unha festa coma esta. Porén, hai que saber adaptase ás circunstancias e «non lles ter medo, pero si respecto», tal e como indicou Pilar Astray. Aínda que non forman parte da vestimenta tradicional, moitos participantes souberon camuflalas ben cos panos, saias, dengues e demais complementos característicos do traxe galego para que desentoasen o menos posible.

Como será a edición número 42? Polo de agora parece que todo terá regresado á normalidade. Moitas máis persoas poderán asistir e desfilar. Se este ano non se perdeu a esencia da festa, para o ano, os ánimos e as ganas virán renovadas.

El acceso a la Praza do Obradoiro será restringido mañana por los actos de la Ofrenda

Por motivos de seguridad, mañana por la mañana, aproximadamente desde las diez hasta las dos de la tarde, estará restringido el acceso a la Praza do Obradoiro, así como a la iglesia de San Martiño Pinario, debido a la celebración de los actos de la Ofrenda al Apóstol, que serán presididos por los reyes Felipe VI y Letizia.

En el Obradoiro será acotado un espacio para el público al que se podrá acceder por la rúa Fonseca, hasta que se complete el aforo permitido. En todo caso, según informa el Concello, no se podrá entrar con bolsos o mochilas de gran tamaño. Las calles de la zona vieja por las que transcurrirá la comitiva hasta llegar a la iglesia de San Martiño Pinario sufrirán restricciones puntuales hasta que concluya el evento.