Un libro achega a figura de Xaquín Lorenzo, «Xocas»

La Voz

SANTIAGO

Raquel Vázquez

Foi presentado onte no Museo do Pobo

27 may 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación do libro «Xocas revisitado. Lembranza de Xaquín Lorenzo Fernández», que recompila os contidos da sesión académica celebrada en Ourense o 18 de xullo de 2019, coincidindo co trinta aniversario do pasamento do etnógrafo e primeiro presidente do Museo do Pobo. Ademais, incorpora contidos adicionais. O traballo foi coordinado por Justo Beramendi e María Xosé Fernández Cerviño.

O libro foi editado polo Museo do Pobo co patrocinio do Parlamento de Galicia. Precisamente, o presidente da Cámara galega subliñou que a Galicia actual está en débeda con figuras como a de Xaquín Lorenzo.

E ademais

Ana López Quintela

18.00 horas • Praza Sae se Podes (Detrás de Lila de Lilith) • A autora presentará «Na busca de Antón», novo título da colección Verdemar da editorial Alvarellos. Estará acompañada polo sociólogo Jorge García Marín e polo editor Henrique Alvarellos. É necesario inscribirse en liladelilith@gmail.com.