
O pasamento do galeguista xuntou en Santiago a representantes de todas as forzas políticas, culturais e económicas de Galicia
28 ago 2021 . Actualizado a las 05:10 h.O pasamento do galeguista Ramón Piñeiro congregaba en Santiago hai 31 anos a representantes de todas as forzas políticas, culturais e económicas de Galicia, así como a cidadáns. San Domingos de Bonaval acolleu o funeral. Na homilía, Andrés Torres Queiruga referíase a Piñeiro como «un dos símbolos que pode axudar a recuperar a nosa conciencia colectiva». Despois en Boisaca, soaron vivas emocionados ao despedilo. Tamén houbo recoñecemento a título póstumo para Ramón Piñeiro por parte do Concello. O alcalde impúxolle a medalla de ouro da cidade, máximo recoñecemento municipal, que lle outorgaran dous meses antes.