
Pode visitarse na Biblioteca Ánxel Casal
16 jun 2022 . Actualizado a las 23:05 h.A Biblioteca Ánxel Casal foi escenario da inauguración da mostra Compromiso na distancia, coa que a Xunta rende homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas. A exposición, que pode visitarse ata hoxe, 17 de xuño, consta de diferentes zonas explicativas nas que se fai un completo percorrido pola vida e obra de Delgado Gurriarán, dende a infancia ata a madurez, coas súas experiencias en terras mexicanas e o regreso a Galicia e as primeiras publicacións. O texto central e a documentación corren a cargo de Héctor Cajaraville e as fotografías pertencen ao arquivo familiar do autor. Son fotos orixinais en banco e negro modificadas con coloración dixital.