Santiago impulsa o Premio Exeria de creación literaria

La Voz

SANTIAGO

02 mar 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

Santiago convocou a segunda edición do Premio Exeria para proxectos de creación literaria, un certame que busca incentivar a produción literaria en galego. O premio consiste en 3.000 euros, ademais dunha estancia na residencia Al Mamal en Xerusalén durante agosto. A convocatoria vai dirixida a persoas empadroadas en Santiago, que deben presentar unha memoria co proxecto.

A iniciativa, presentada onte pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e a poeta Yolanda Castaño, está organizada polo Concello xunto á Residencia Literaria 1863 e o Consulado de España en Xerusalén.