O festival «O que non se escribe» acolle o día 9 en Santiago a estrea de disco de Caldo

La Voz

SANTIAGO

Cedida

A cita tamén inclúe concertos de Maestro Espada e do dúo R-L

24 may 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

A terceira edición do festival «O que non se escribe», que se celebrará en Santiago os días 9 e 10 de xuño, é o marco elixido pola banda Caldo para presentar en directo o seu segundo disco, «Lugar A Ponte». O concerto terá lugar o venres día 9, a partir das 20.30 horas, no Teatro Principal, con entradas xa á venda por 10 euros.

O trío conformado por Anaïs Barbier, María Jorge e Pedro Fariñas contará como convidados sobre o escenario co produtor e instrumentista crnds, Germán Díaz, Diego Alonso, Claudia Abril, Flor Díez, Marta Collazo, Antía Ameixeiras e Begoña Riobó.

O festival que se articula en torno ao patrimonio sonoro e á creación contemporánea tamén incluirá a actuación de Maestro Espada o 10 de xuño ás 20.30 horas na Fundación SGAE. O grupo formado polos irmáns Alejandro e Víctor Hernández mergúllanse na tradición musical da horta murciana. Antes, ás 13.30 horas, no Parque Vista Alegre, actuará o dúo L-R formado por Leticia González e Rubén Bada.