A entrega do galardón, outorgado por unanimidade, á que fora decana de Ciencias da Comunicación terá lugar o 29 de setembro
22 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A profesora emérita da USC Margarita Ledo Andión é a primeira muller que gaña do premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade. No ditame emitido onte, o xurado destaca un compromiso «incuestionable» da profesora co idioma propio da USC «que atravesa de parte a parte a súa traxectoria vital e profesional». O acto de entrega do galardón, outorgado por unanimidade, á que fora decana de Ciencias da Comunicación terá lugar o 29 de setembro nun acto institucional no Paraninfo da Universidade.