Maré abre cun cheo para ver a Amancio Prada e á Filharmonía en Santiago

La Voz

SANTIAGO

P

Na segunda xornada do festival destaca o regreso de Maro e de Bia Ferreira

21 sep 2023 . Actualizado a las 04:50 h.

O Auditorio encheuse onte para o primeiro concerto da quinta edición do festival Maré en Santiago no que se estreaba a versión sinfónica dos «Seis poemas galegos» de Federico García Lorca da man de Amancio Prada e a Real Filharmonía baixo a batuta de David Fiuza. Antes, o artista berciano conmemorou os 50 anos do seu primeiro disco. O público despideu en pé e con varios minutos de aplauso ao artista, á orquestra e a Cantigas e Agarimos, que también participou.

Hoxe tomarán o relevo tres propostas no festival. Ás 19.00 horas, no Salón Teatro —cambiou o lugar pola previsión de choiva— actuarán Abraham Cupeiro e a Banda de Santiago. Despois, ás 20.00 horas, no Teatro Principal, será a quenda da portuguesa Maro xunto a convidadas. O peche chegará con Bia Ferreira e O Rabelo na Capitol desde as 21.30 horas.