Homenaxe ás mulleres do Seminario de Estudos Galegos

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

Unha exposición centra na muller un tributo na Biblioteca de Galicia que coincide co centenario do nacemento da institución

07 oct 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

Unha exposición homenaxea na Biblioteca de Galicia, no Gaiás, ás mulleres do Seminario de Estudos Galegos, coincidindo co centenario do nacemento da institución. A mostra céntrase nas mulleres que tiveron algún tipo de relación co seminario, ben como socias activas, como protectoras da entidade ou mesmo como usuarias da súa biblioteca. Pura Lorenzana, Sara Leirós, Luisa Cuesta ou Carmen Pardo Losada son algunhas das protagonistas, «Son mulleres que abriron camiños a novas xeracións, entrando en espazos reservados aos homes», sinalou o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na inauguración.