
Abren o ciclo de monólogos que terá continuidade ata o domingo coa participación tamén de Carlos Blanco, Pepo Suevos, Paula Carballeira, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez
23 may 2024 . Actualizado a las 04:55 h.21.00 • Casa da Cultura do Milladoiro • Entradas esgotadas • Figuras consolidadas e artistas emerxentes comparten escenario en Ames na primeira edición do ciclo de monólogos, que comeza hoxe e terá continuidade ata o domingo. Quico Cadaval e Antía Costas protagonizan esta tarde (21.00 horas) a primeira sesión na Casa da Cultura do Milladoiro, con todas as entradas xa esgotadas, o que da idea da boa acollida do evento entre os amesáns, que tamén encherá o mesmo recinto o domingo na dobre sesión de Carlos Blanco (19.00 e 21.00). Pepo Suevos, Paula Carballeira, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez actuarán nas citas do venres e do sábado.