
Nesta primeira xornada contará co concerto de Su Garrido Pombo
11 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.A Capela da Madanela, en Arzúa, acolle hoxe e mañá unha cita do Culturgal Expandido, que programará música, artes escénicas e literatura. A apertura será esta tarde ás 18 horas. A primeira cita será coas letras coa presentación de «Indolente», de Alberto Mancebo. Despois, ás 19 horas, toma o relevo Severino Fernández con «Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou historias?». Música e letras mestúranse no espectáculo «Coplas» (20 horas). O peche será cun concerto de Su Garrido Pombo (21 horas).