James Rhodes, en Santiago

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

O pianista impartiu a charla inaugural do curso «A tolemia na arte»

19 oct 2024 . Actualizado a las 22:30 h.

O pianista e activista no ámbito da saúde mental encargouse de impartir a charla inaugural da sétima edición do curso de voluntariado en saúde mental «A tolemia na arte», que se celebrou onte no Paraninfo da Universidade. Hoxe a actividade, impulsada polo colectivo Itínera, continuará coa participación, entre outros, dos cineastas Alfonso Zarauza e Fernando Cortizo. Tamén intervirán o psicólogo Andrés Díaz e o catedrático en Historia da Arte Juan Monterroso.