O Gaiás abre a reserva das visitas guiadas de «Tattoo», que se inaugura hoxe

La Voz

SANTIAGO

.

A mostra, que reunirá 240 pezas, poderá visitarse a partir das 16 horas

24 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde as 16 horas • Museo Gaiás • Gratis • A mostra «Tattoo. Arte baixo a pel» abre as súas portas esta tarde para ofrecer un percorrido que afonda na simboloxía, técnicas, estéticas e confluencias que converten a tatuaxe nunha forma de expresión artística e nun fenómeno global. Desde a Cidade da Cultura tamén abriron a reserva para participar nas visitas guiadas gratuítas, que comezarán mañá venres ás 17 horas.

As 240 obras históricas e contemporáneas procedentes de dezaoito países que conforman a mostra permite ver como a tatuaxe pasou de ser un elemento ritual practicado polas sociedades tradicionais ao seu uso como marca de marxinación ata transformarse en motivo de orgullo. Inclúe pinturas, debuxos, libros, ferramentas para tatuar, máscaras, fotografías, selos individuais...

E ademais

«Simultánea. Arquitecturas narradas»

19 horas • Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19) • Percorrido guiado pola mostra que celebra os 10 anos de Afundación. No caso de Santiago pon o foco na arquitectura. É preciso reservar praza a través de Ataquilla.