Incorporaron unha terceira función no Auditorio de Galicia debido á boa acollida
26 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.Días 1 (20. 30 horas) e 2 de novembro (17 e 20.30 horas) • Auditorio de Galicia • Desde 16,20 euros • Os cómicos Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán iniciarán a vindeira semana en Santiago a xira co derradeiro espectáculo de «Somos criminais». Como acontecera xa en anteriores montaxes tiveron que incrementar o número de sesións debido á boa acollida. Así, incorporaron na xornada do sábado unha segunda cita ás 17 horas.
Este «Somos Criminais e punto final» está dirixida por Tito Asorey e conta con textos de José Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán. Nel os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial particular xa que falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo e en Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos para ir a outro planeta onde empezarán unha nova vida.
Despois de Santiago, o espectáculo achegarase a Vilagarcía, Cangas, Ourense, Lugo, Burela, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Narón, onde rematará o 18 de xaneiro. Na primeira semana de venda de entradas para este espectáculo foron mercadas máis de 10.000, segundo destaca a organización.