«Berenguela na gaiola» gaña o Certame Manuel María de Textos Teatrais

La Voz

SANTIAGO

.

O galardón á peza dirixida por Paula Carballeira foi entregado este mércores en Santiago

11 dic 2024 . Actualizado a las 22:02 h.

«Berenguela na gaiola», dirixida por Paula Carballeira e presentada conxuntamente polas compañías Galeatro e Xarope Tulú sobre o texto teatral de Manuel María «Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela», foi a gañadora da cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo do escritor en colaboración con outras administracións e entidades. O galardón foi entregado nun acto celebrado onte no Teatro Principal compostelán. A obra contará cun mínimo de corenta representacións e recibirá 19.000 euros de axuda.