Teatro inclusivo, Clásicas Desfeitas e a nova montaxe propia centran o primeiro trimestre do Centro Dramático Galego

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

O Salón Teatro tamén acollerá unha homenaxe a Farruco o vinceiro día 4

14 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O Centro Dramático Galego (CDG), tras iniciar o ano o venres cunha coprodución coa escena lusa, programa un trimestre protagonizado por unha obra de teatro inclusiva, novas edicións de Clásicas Desfeitas e a estrea da súa primeira montaxe propia deste ano, «A burra, a mesa e o pau» o 6 de marzo.

Desde este xoves ata o 9 de febreiro o Salón Teatro acolle «Nada se sabe», unha obra de teatro inclusiva do CDG en coprodución con Culturactiva. En febreiro e marzo chegarán á Cidade da Cultura novas citas de Clásicas Desfeitas. Nesta ocasión serán «Mala vida e pior morte de Ricardo III», con dirección de Alessandra García e Antón Coucheiro; e «Medea-Mamá-mostro», de Laura Porto e Helena Varela.

Por outra banda, o Salón Teatro será escenario o 4 de febreiro dunha homenaxe a Xosé Luis Bernal (20.30 horas), e tamén do Festival Internacional de Teatro Universitario da USC. Fóra da sede poderanse ver algunhas das coproducións da compañía pública, entre elas, as dirixidas por Quico Cadaval, Rafael Rey e Roberto Salgueiro. Ademais, participará nunha coprodución do CDN.