Na Cidade da Cultura continúa aberta «Tattoo»
25 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A mostra «Outras historias posibles», que pon o foco no talento de seis mulleres que despuntaron a finais do pasado século na arte contemporánea feita en Galicia, pechará este domingo as súas portas no Gaiás tras recibir 56.000 visitas. Pero esta mostra na que se recollen obras de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré terá continuidade xa que iniciará a súa itinerancia por Galicia cunha primeira parada no Café Moderno Afundación, en Pontevedra, froito da colaboración entre a Xunta e a Obra Social Abanca.
«Outras historias posibles» abrira as súas portas en maio para amosar pinturas, esculturas, xilografías e debuxos, entre outras pezas. A súa exhibición no Gaiás coincidiu con proxectos de calado internacional como «Tesouros reais», «Unha vida viquinga» e con «Tattoo. Arte baixo a pel» —esta última continuará ata 20 de abril—. Isto deixou un ano de récord de persoas participantes nas actividades da Cidade da Cultura, ao superar as 261.000.