«Puidemos contratar persoal e mercar maquinaria grazas a estas axudas»

A. S. R. A CORUÑA / LA VOZ

SANTIAGO

Emilio Fonseca

09 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha Biznaga de prata no Festival de Cine de Málaga é un dos moitos recoñecementos conseguidos polo documental Salvaxe, Salvaxe, de Xiana Gómez Díaz e dirixida por Emilio Fonseca, e que tamén é finalista nos Mestre Mateo. Xiana, de 42 anos, está a piques de pasar de autónoma a fundar unha produtora cinematográfica. Durante esta aventura de Salvaxe, Salvaxe contou co apoio da Deputación da Coruña a través de varias liñas do PEL (Pemes, Emprende e Autónomos). «Puidemos contratar persoal, mercar maquinaria que nos viña moi ben en vez de alugar grandes cámaras como fan outras produtoras, nós traballamos con equipos cativos, nada que estrague o territorio», explica Gómez, quen tamén participou no guión do laureado documental. Natural de Lugo, leva anos traballando desde o concello coruñés de Cabanas. «O meu proxecto naceu no 2008 e é algo que vai mudando pero sempre mantivemos que nós facemos os nosos traballos e que estes, cada vez máis, teñen unha liña de valores dunha política moi concreta que ten que ver cos traballos ecolóxicos e feministas», sinala a produtora.