O CGAC reflexiona sobre memoria democrática e o CCG pecha o ciclo de arte

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

Ambas institucións organizan este mércores xornadas 

26 mar 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O Consello da Cultura Galega (CCG) pechará hoxe o ciclo «Arte en tempo real» cunha xornada a partir das 17 horas centrada nas publicacións, caso de catálogos, revistas especializadas, libros de artistas, entre outros. Para iso, participarán Mónica Maneiro, Lucía Romaní e Bernal Prieto.

Pola súa parte, o CGAC continúa coas xornadas de Memoria Democrática, Feminista Laboral, ligadas á exposición de Mar Caldas. Hoxe intervirán Jorge Moreno e María Rosón (18.30 horas) para falar de transmisión de memoria no ámbito familiar. Ás 20 horas proxectarase «12 de maio de 1937», de Mar Caldas.