Luis Penido, preparado para a Subida Internacional do Fito, proba asturiana do Campionato de Europa de Montaña

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO LA VOZ / SANTIAGO

SANTIAGO

Cedida

O piloto compostelán pretende defender a primeira posición no grupo 5

16 may 2025 . Actualizado a las 20:25 h.

O piloto compostelán Luís Penido prepárase para outra fin de semana de carreiras. Nesta ocasión, na proba asturiana do Campionato de Europa de Montaña, a Subida Internacional do Fito. Penido pretende defender a primeira posición que ocupa ata a data no grupo 5 da competición europea despois de ter conseguido subir ao podio en todas as carreiras que disputou nesta tempada. Nesta ocasión, repite a súa matrícula ao volante do seu Mini JCW N2 xa que por motivos loxísticos o equipo decidiu realizar as probas do Península Ibérica co Mini en lugar de utilizar o Renault Clio co que participou nas primeiras citas do curso.

«Considero esta Subida do Fito como a miña carreira de casa. Sendo en Asturias e preto de Galicia, síntome como na casa. Vimos de conseguir un bo resultado en Falperra co Mini e por iso queremos repetir ao volante deste coche. Tamén por razóns loxísticas, pois é máis doado de usar para nós nestas carreiras máis preto de Compostela como xa fixemos na de Braga. O noso obxectivo, sen dúbida, é seguir a sumar ben de puntos para o campionato».