A mostra «Ollos de vidro» pecha este domingo as súas portas no Auditorio de Galicia con humor e narración oral
SANTIAGO

Participarán Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín nunha lectura libre da obra de Castelao
24 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A exposición «Ollos de vidro» pechará mañá as súas portas e como colofón contará con Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín que farán no Auditorio de Galicia unha lectura libre de «Un ollos de vidro. Memorias dun esquelete», de Castelao. Será as 12 horas. A esa mesma hora hoxe haberá a última visita guiada pola mostra da man de Germán Labrador, o comisario, e María Bella. Desta volta está aberta ao público ata completar a capacidade sen necesidade de reserva.