Beiras recibirá a «Letra E (de escritor)» o 14 de xuño en Santiago

La Voz

SANTIAGO

Ana García

A homenaxe inclúe a plantación dunha árbore, a entrega da distinción e un xantar

25 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) renderalle a homenaxe «O escritor na súa Terra-Letra E» a Xosé Manuel Beiras o vindeiro 14 de xuño pola súa extensa traxectoria vital, a súa faceta como ensaísta e tradutor, así como a súa xenerosa colaboración coa entidade.

As actividades comezarán ás 11.30 horas co descubrimento dun monolito e a plantación dun teixo no parque de Galeras. As 12.30 horas, no Auditorio do CGAC, será a entrega da «Letra E (de escritor)» no CGAC. Rematará cun xantar na Nave de Vidán. Hai prazo para anotarse ata o día 9. Custa 36 euros.