Morre o compostelán Emilio Cao, un dos grandes creadores musicais de Galicia

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

Fotografía de arquivo de Emilio Cao, cando ía inaugurar a intercultural universitaria en Ourense cun concerto na igrexa de Santa María Nai, en marzo do 2009
Fotografía de arquivo de Emilio Cao, cando ía inaugurar a intercultural universitaria en Ourense cun concerto na igrexa de Santa María Nai, en marzo do 2009 MIGUEL VILLAR

O músico, compositor e cantautor, que converteu a arpa nun instrumento fundamental dentro do folk contemporáneo, faleceu onte, aos 72 anos, no Hospital Clínico de Santiago

26 may 2025 . Actualizado a las 19:08 h.

Galicia despide a un dos músicos máis importantes da historia sonora do país. Emilio Cao (Santiago, 1953), músico, compositor e cantautor de música folk, faleceu onte no Hospital Clínico de Santiago á idade de 72 anos.

Xa o seu debut, en 1977, co álbum Fonte de Araño, supuxo un antes e despois no folk galego e converteu automáticamente a Emilio Cao nun dos grandes creadores musicais de Galicia. Posteriormente, a súa valía como compositor foi refrendada por outros discos de gran calidade, como A lenda da pedra do destino, Cartas Mariñas ou o Sinbad en Galicia.

Uno dos seus grandes logros foi converter a arpa nun instrumento fundamental dentro do folk contemporáneo do país, amosando que as súas posibilidades sonoras non tiñan límite.

Imaxe dunha actuación de Emilio Cao en Ribadavia no ano 1996
Imaxe dunha actuación de Emilio Cao en Ribadavia no ano 1996 MONCHO FUENTES

A pesar de que o músico se fixo internacionalmente coñecido coa súa inseparable arpa, os seus inicios nos escenarios non tiveron nada que ver coas súas cordas. «Nos meus comezos estaba moi próximo ao pop, aos cantautores acústicos e, en xeral, aos músicos americanos, ingleses e franceses. O meu achegamento aos sons tradicionais empezou cando Benedicto, que estaba no colectivo Voces Ceibes, me chamou para que o acompañase tocando o baixo non seus concertos en diercto. Foi moi importante para min porque eu xa compoñía algunhas cousas e incluso me permitían cantar algunha cancións, aínda que eu era músico de acompañamento», lembraba para unha información de La Voz.

Uns anos despois, Emilio Cao descubría a arpa e, con ella, unha nova sensibilidade, que deu o seu primeiro froito nun álbum precursor de moitas cousas en Galicia, como foi Fonte de Araño.

O último recoñecemento chegoulle no ano 2024 co premio honorífico dos Martín Codax da Música, onde se destacou o seu traballo para a recuperación da arpa celta.

Os restos mortais do músico galego están no tanatorio do Hospital Clínico. Será incinerado o martes na intimidade familiar.

As mostras de condolencia e as lembranzas de Emilio Cao sucédense en Galicia. O festival Noia Harp Fest, que xa no 2023 salientara o papel de Emilio Cao cunha homenaxe durante a celebración do primeiro Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia, lamentou «fondamente o pasamento do arpista». «No marco dese pioneiro encontro de hai dous anos, os estudantes máis novos do país interpretaran, conxuntamente e co apoio do codirector do NHF Rodrigo Romaní, o mítico Vals do Mencer composto por Cao», poñen en valor.