Os Monicreques de Kukas e o CDG estrean «O carteiro de Ximaraos»

La Voz

SANTIAGO

.

A montaxe dirixida ao público familiar poderá verse desde hoxe ata o venres no Salón Teatro 

28 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde hoxe ata o venres • 18 horas • Salón Teatro • Desde 10 euros • Os Monicreques de Kukas dan vida sobre o escenario a «O carteiro de Ximaraos», unha peza destinada ao público familiar baseada na obra de Carlos Labraña gañadora no 2024 do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil convocado pola Consellería de Cultura. Esta coprodución da compañía co CDG estrearase esta tarde e poderá verse ata o venres.

Marcelino de Santiago, «Kukas», e Isabel Rey interpretan cos seus bonecos esta historia que mestura realidade e fantasía para abordar o impacto emocional do mal de alzhéimer nas familias e o papel da memoria ligada ao correo postal.