
A cita será o 24 e 25 de xullo no Campus Vida
14 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Festigal vén de presentar o cartel completo da súa edición 2025 coa confirmación das actuacións de Hugo Guezeta e DJ Misa. Súmanse así aos concertos confirmados de Dakidarría e Alana (24 de xullo), Brassica Rapa, Pataghulhøs e Gallego Común (25 de xullo) e programación cultural de balde e para todos os públicos no Campus Vida de Compostela.
A comisión organizadora do Festigal, promovido pola organización xuvenil Galiza Nova e pola Fundación Galiza Sempre, presentou este venres a imaxe da edición 2025, que volve ser obra do deseñador ferrolán Bruno Lopes. No acto participaron representantes das bandas e artistas participantes deste evento que cumpre 23 anos. «Unha edición que pretende volver ser un escaparate para a nosa música e cultura, nun momento no que, máis que nunca, goza dunha diversidade e calidade enormes», valorou Lucía Veciño (Galiza Sempre), quen deu a coñecer publicamente a programación canda Marta Gómez (Galiza Nova).
O Festigal abrirá o 24 de xullo as súas portas con Dj Misa para quentar motores. Dará paso a unha noite de concertos co rock de Ulex (banda gañadora do concurso Novos Valores), da música tradicional con ritmos de electrónica e pop de Alana, seguido dunha banda icónica do panorama galego como Dakidarria e finalizando cun referente do rap no noso país como Hugo Guezeta.
No 25 de xullo continuarán as actuacións musicais con Pataghulhøs, Gallego Común e Brassica Rapa.