
O Serán iniciou onte tres días dedicados á música e ao baile tradicional
21 jun 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A Cidade da Cultura móvese este fin de semana ao son da música e o baile tradicional que poñen o millar de intérpretes que participan na cuarta edición do Serán. A proposta, que iniciaba onte pola tarde a súa andaina, contará hoxe con máis de catorce hora de actividades.
Ao longo da xornada, haberá exposición de traxe tradicional a cargo de Yerai Paz, así como a feira con postos ligados ao sector. Tanto pola mañá como pola tarde haberá foliadiña infantil, así como clases maxistrais. Pero o gran referente deste segundo día será o Foliadón que, a partir das 21.30 horas, se celebrará na Praza Central. Contará coa participación de máis dunha quincena de formacións chegadas de distintos puntos de Galicia. Todas as actividades son de acceso gratuíto.