O Gaiás abre mañá a mostra que recrea a Castelao

La Voz

SANTIAGO

Montaxe da mostra de Castelao que abre este xoves
Montaxe da mostra de Castelao que abre este xoves .

A proposta bota man da intelixencia artificial para recrear a voz do rianxeiro de xeito hiperrealista

25 jun 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

A exposición «Castelao. Mirar por Galicia» abrirá mañá pola tarde as súas portas no Museo Gaiás para recrear a figura dun dos principais referentes de Galicia de xeito que os asistentes poidan «sentilo ao carón». Para iso, botará man da intelixencia artificial e un amplo abano de tecnoloxías dixitais que inclúen hologramas, videomapping e a realidade virtual. Neste proxecto destaca a recreación da imaxe e voz do rianxeiro de xeito hiperrealista. Nestes días están ultimando a preparación desta mostra inmersiva na que teñen moita importancia as medidas encamiñadas a facela accesible para que poida gozar todo tipo de público.

Lectura textos

Por outra banda, está aberta a inscrición para participar na lectura de textos de Castelao que se fará o día 1 no Panteón de Galegos Ilustres. A cita enmárcase no festival Atlántica.