A inscrición para a media maratón e o 10K do Camiño Inglés amplíase ata este xoves 3 de xullo ás 23.59 horas

LA VOZ SANTIAGO

SANTIAGO

CEDIDA

As probas terán a meta no Concello de Oroso e celebraranse o 5 de xullo (sábado)

02 jul 2025 . Actualizado a las 20:32 h.

A inscrición para a cuarta edición da media maratón e o 10K do Camiño Inglés amplíase ata este xoves (3 de xullo) ás 23:59 horas. A media maratón (21 quilómetros) partirá ás 10.00 horas desde a Igrexa de Ardemil (Concello de Ordes), seguindo a ruta do Camiño Inglés. Haberá tamén unha proba de 10 quilómetros, que sairá ás 10.20 horas desde Ponte Pereira, Área de lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes), seguindo igualmente o trazado do Camiño Inglés. Ambas as dúas probas terán a meta no Concello de Oroso, situada ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro e celebraranse o 5 de xullo.

Como en edicións anteriores tamén haberá dúas probas adicionais para a rapazada: un circuíto de 3 quilómetros para rapazas e rapaces de entre 14 a 17 anos en Oroso, e outro circuíto de 1,5 quilómetros para rapazas e rapaces de entre 10 a 13 anos. Esta iniciativa ofrece unha forma diferente de coñecer o Camiño Inglés, combinando deporte e patrimonio nunha experiencia lúdica e accesible. As inscricións pódense realizarse na páxina de www.carreirasgalegas.com.