
Embarcacións tradicionais remontan o Ulla e o Sar na súa honra
27 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Case trinta embarcacións tradicionais participaron onte nunha nova edición da actividade «Inchadiña branca vela», unha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, organizada pola fundación da escritora e que, no actual ano Castelao, tamén homenaxeou ao autor de Rianxo.
Precisamente, a novidade desta edición foi que boa parte das embarcacións saíron xa pola mañá do porto de Rianxo, para unirse ao percorrido habitual polos ríos Ulla e Sar ata Padrón, coa saída pola tarde desde a praia fluvial de Vilarello, en Cordeiro (Valga), ata o Paseo do Espolón, onde lle renderon unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua, cos remos en alto. Entre os participantes, un volanteiro da Guarda —O Piueiro—, un galeón do Ulla, unha canoa de Muros e moitas dornas de distinto tipo, chamadas pola Fundación Rosalía e a Asociación Cultural Dorna da Arousa, coa colaboración dos concellos de Padrón, Rianxo, Catoira, Dodro e de Valga.