
Esta tarde actuarán as cantareiras de Ultreia
06 ago 2025 . Actualizado a las 04:55 h.20 horas • Paseo da Ferradura da Alameda (preto das esculturas de García Lorca e Rosalía) • O Festival C dedica as xornadas dos mércores á poesía popular galega. De interpretar as coplas encargaranse as voces das cantareiras de Ultreia, Brincadeira e Cantigas e Agarimos. Precisamente, serán as integrantes de Ultreia as encargadas de abrir este ciclo. Así, ofrecerán hoxe un repertorio que incide no papel fundamental da muller na cultura tradicional e na sociedade actual. A súa actuación incluirá pezas interpretadas con pandeiretas e outros instrumentos tradicionalmente femininos, pero tamén cantos acompañados de gaita, acordeón e outros elementos. O ciclo continuará o día 13 con Brincadeira e o día 20 pecharán as integrantes de Cantigas e Agarimos.