As xornadas Compostela Histórica reunirán a máis de 500 asistentes os días 26 e 27

La Voz

SANTIAGO

Pedro Feijoo
Pedro Feijoo M.MORALEJO

A cita na que participarán Christian Gálvez e Pedro Feijoo, entre outros, aínda ten a inscrición aberta

23 sep 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

A primeira edición das xornadas Compostela Histórica, que abordarán os aspectos menos coñecidos da historia galega, reunirán a máis de 500 persoas o venres e o sábado no IES Rosalía de Castro. Aos trescentos estudantes de Secundaria do centro que participarán nas actividades do venres pola mañá, hai que engadirlle as máis de duascentas persoas que están inscritas para asistir as charlas abertas ao público que están programadas o venres pola tarde e durante o sábado. Este número aínda pode medrar porque os que o desexen aínda poden anotarse de xeito gratuíto.

Na xornada do venres pola tarde intervirán Bieito Romero, Christian Gálvez, Pedro Feijóo e Julio Rodríguez. O sábado 27, con sesións tanto pola mañá como pola tarde, intervirán Lidia Merenciano, José Zoilo, Luís e Alejandro Paadín, Xosé Iglesias, Merche Espiño, Carmen Sanjurjo e Fernando Patricio. A cita está dirixida polo escitor e divulgador Rodrigo Costoya e conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua.