Pablo Iglesias: «Hai dez anos deixei a Administración polo soño de abrir en Santiago unha libraría de vello»

SANTIAGO
La Librería Tirana, especializada en libros de ocasión, tanto antiguos como modernos, y ubicada en la rúa do Pombal, cumplió este sábado su primera década. Su dueño, siempre entre libros, rescata múltiples vivencias: «Tras elixir o nome de Tirana, contactáronme da embaixada por se eu era albanés»
05 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Este fin de semana celebró con un vino la primera década de la Librería Tirana, ubicada en la rúa do Pombal, a un paso de la Alameda compostelana, y especializada en libros de ocasión, tanto antiguos como modernos. «Estou contento; vivo ao 100 % dela...», afirma con un brillo en los ojos Pablo Iglesias, un ourensano —de A Rúa de Valdeorras— de 48 años. «O meu caso é difícil de entender se non che gusta este mundo, pero a min desde mozo me fascinou, xa desde o punto de vista do comprador. Cando cheguei a Santiago para estudar Políticas comecei a trastear por librarías de ocasión», evoca. «Logo, traballando na Administración, e mentres compañeiros aventuraban co que farían ao xubilarse, eu sostiña que se tes a oportunidade, debes facelo… Hai dez anos, polo meu momento vital e ao ver factible intentalo economicamente, din o paso ao que daba voltas dende hai tempo. Deixei ese emprego polo meu soño de abrir unha libraría de vello», resalta.
«Ao rematar a carreira, traballara en diversas institucións, como a Xunta ou concellos. No 2015, estando no de Vigo, lanceime. Busquei un local en Santiago, cidade que coñecía e na que vía un oco e un ambiente propicio e, o 4 de outubro do 2015, abrín a libraría. Para facer fronte ao arranque, cunha nómina que me dese seguridade, aínda seguín traballando en Vigo ese ano. Collía un tren ás 06.00 horas e estaba alí ata as 15.00. Pola tarde abría aquí a libraría e, ao pechar, recollía libros ata as 23.00 horas. Non paraba, pero estaba feliz... Este oficio é estimulante. No 2016 centreime só na librería», prosigue, ante unas cuentas que cuadraban.

«Chameina Tirana un pouco por azar. Hai cidades que che levan a pensar en negocios coma este, e así, librarías chámanse por exemplo Praga. Eu elixín Tirana porque non había... O gracioso foi que, ao pouco de abrir, contactáronme desde a embaixada de Albania en España preguntando se eu era albanés...», recuerda riendo. «Cos anos tamén entraron aquí estudantes de intercambio dese país. Ao menos conseguín que a xente se quedase co nome...», razona. «Outro dato curioso é que, ao comezo, me sorprendía que xente preguntase por péndulos. Logo souben que, no local, e tras anos como bar, houbera unha tenda esotérica», indica.
Ya sobre la librería, muestra con entusiasmo varios de los 9.000 volúmenes que tiene allí a la venta. «Almacenados teño como 22.000. Un dos hándicaps deste negocio é o espazo... Cando alguén me ofrece unha boa biblioteca intento facerme con ela. Mércoa, almacénoa e vou reenchendo ocos. Iso si, impúxenme que todos os libros á venda se puidesen ver nos estantes», señala.
«Teño tanto exemplares de ocasión, máis económicos, como edicións menos habituais ou de hai varios séculos, como unha de 1730, do Teatro Crítico Universal do padre Feijóo. O máis antigo á venda é de 1558, con textos de Platón ou Aristóteles... No sector enténdese o libro antigo como anterior a 1830», aclara. «Busco longseller, libros non de moda, pero que nunca deixan de demandarse. Do século XX hai exemplares moi valiosos, e perseguidos. Lembro que unha primeira edición de Tirano Banderas de Valle-Inclán vendeuse nun día. Hai pouco saíu outra de Longa noite de pedra, asinada polo autor, Celso Emilio Ferreiro. Agora teño un exemplar de Rafael Alberti coa súa dedicatoria. Tamén cartas manuscritas de Vicente Risco ou Otero Pedrayo», encadena.

«O meu público acostuma a ser proactivo e, cando atopa determinados libros, non dubida», realza, reconociendo cómo el negocio se afianzó sin hacer ruido. «Decidín non ter redes sociais. Levo só a libraría e creo ademais que o meu cliente, ao que lle gusta rebuscar e manter unha conversa, non o demanda... Eu aprendo moito del. Co que me pide obrígame a estar sempre pendente... Por ese retorno, este é tamén un negocio moi agradecido», destaca afable.
«Cando pecho polas noites, e os luns pola mañá, vou recoller libros que me ofrecen. Por algúns moi singulares ou valiosos fun a León ou Portugal. Teño miles de exemplares por catalogar... Moito do que fago hoxe é filtrar títulos», concreta, siempre animado. «Este é un modo de vida, se non tanto esforzo non tería sentido. Hai libreiros veteranos que seguen activos ata os 90 anos. Sen aspirar a tanto, si quero aguantar», confía sonriendo.