aRi[t]mar irmanda a música e poesía de Galicia e Portugal

La Voz

SANTIAGO

Premiados na Gala aRi[t]mar
Premiados na Gala aRi[t]mar Paco Rodríguez

O Auditorio de Galicia acolleu a entrega de premios do certame organizado pola Escola de Idiomas de Santiago

31 oct 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O certame aRi[t]mar entregou os seus premios para recoñecer as mellores músicas e poesías do 2024 en Galicia e Portugal. No apartado musical, os gañadores foron Mondra, por «Quererse ben», e Diogo Piçarra, por «Amor de ferro». Pola súa banda, no apartado poético a gañadora galega foi Elba Pedrosa con «Onde imos agora?», e a portuguesa Cátia Cardoso por «Não sei voar mais tenho». Unhas obras que onte se puideron escoitar no Auditorio de Galicia nas voces dos seus protagonistas durante a gala presentada por Tati Moyano e Xurxo Souto. Ademais, esta cita impulsada pola Escola Oficial de Idiomas recoñeceu ao municipio de Braga co premio á amizade.