Organiza o ciclo «Expertas de seu»
21 nov 2025 . Actualizado a las 04:50 h.A Asociación Centro Cultural Mahía (Ames) programa o ciclo «Expertas de seu» para poñer no foco o talento, a creatividade e a perspectiva das mulleres galegas que fan da arte e da cultura o seu xeito de estar no mundo. Para iso ao longo de tres domingos organizará conversas con Elena Ferro, zoqueira e artesá (día 23); Araceli Gonda, recoñecida guionista audiovisual (día 30); e Cristina Pato, música, escritora e produtora (14 de decembro).
As sesións desenvolveranse a partir das 19 horas no centro cultural de Bugallido con entrada de balde ata completar a capacidade. Están concibidas como unha charla íntima en formato de vídeo pódcast, incluíndo ademais mostras do traballo artístico das convidadas.