
Durante os primeiros seis meses a música será o eixo vertebrador
31 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.18 horas • Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) • Desde 4 euros • A música en homenaxe ás canteareiras con motivo do Día das Letras Galegas será o eixo vertebrador da programación infantil Apego deseñada para a primeira metade do ano polo Concello de Ames. Trátase dunhas corenta propostas que arrancarán esta tarde coas artes escénicas como protagonistas. A compañía Elefante Elegante representará «Kyoky» no Milladoiro.
Na ampla variedade de propostas tamén se incluirán arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, contos, novo circo, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festa con Apego co obxectivo de fomentar o uso do galego, segundo deron a coñecer o alcalde e persoal municipal.
En febreiro, entre as actividades inclúense concertos de Pakolas (día 7) e de Jara Ortiz (día 14). Tamén haberá circo con Xampatito Pato (día 21). Pechará o mes unha sesión de picadiscos con María Faltri (día 28).
A programación pechará o 7 de xuño coa sexta edición da Festa con Apego, e cun obradoiro de cianotipia. Os prazos de inscripción das distintas propostas.