Ames homenaxea a Rosalía con arte urbana, unha gala e excursións

La Voz SANTIAGO

AMES

Un dos actos centrais será este luns día 24, a partir das 19 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns

23 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ames desenvolve un ano máis unha programación específica na honra de Rosalía de Castro, buscando a participación da veciñanza de todas as idades. O artista Fernando Yáñez fixo unha intervención urbana na que empregou as caixas dos semáforos de rúas do Milladoiro e Bertamiráns.

Este luns día 24, ás 19 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, será a gala poético-musical con alumnado dos centros educativos amienses. Doutra banda, o domingo 9 de marzo farase unha ruta teatralizada pola costa do mar de ovellas, e onte programouse unha excursión á casa museo da escritora en Padrón. Houbo ademais un concerto didáctico co título Rosalía cantareira e obradoiros para escolares.