
Acolleron durante o sábado e o domingo distintas actividades para lembrar á escritora
25 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.Ademais de Santiago e Padrón, outros municipios da contorna sopraron as 188 candeas de Rosalía con distintos actos durante a fin de semana. En Ames, cincuenta persoas participaron na excursión literaria «Viaxando con Rosalía», cun percorrido por algúns dos lugares máis emblemáticos da vida e da obra da autora de «Follas novas». Foron guiados pola profesora e experta rosaliana María López Sández.

Pola súa parte, Brión homenaxeou a Rosalía ao ritmo das campás de Bastavales cun espectáculo artístico musical a cargo de Esperanza Mara. Non faltaron a lectura de poemas e unha ofrenda floral.

En Rois, pola súa parte, este domingo once establecementos hostaleiros ofreceron unta tapa de caldo de gloria. Ademais, repartíronse máis de dous mil manteis con este motivo.