Arzúa homenaxea a Susana Seivane na súa Festa da Gaita

La Voz ARZÚA

ARZÚA

CRISTINA PADÍN

Este sábado reuniranse varios centos de músicos e de afeccionados ao folclore galego, de máis de trinta de agrupacións de toda Galicia

06 abr 2024 . Actualizado a las 00:27 h.

Susana Seivane será a artista homenaxeada na décimo primeira edición da Festa da Gaita de Arzúa, que, este sábado, reunirá a varios centos de músicos e de afeccionados ao folclore galego, de máis de trinta de agrupacións de toda a comunidade. A homenaxe á gaiteira de Cambre será contra as 12.30 horas, e logo está previsto un pasacalles coas formacións desprazadas á festa, que reunirá grupos de Arzúa, doutros municipios da área de influencia de Santiago como Melide, Boqueixón, O Pino e Oroso, de Lugo, de Ribeira, da Coruña, e de concellos da súa área metropolitana, como Oleiros, Culleredo, Arteixo e Sada. As agrupacións confraternizarán nun xantar, logo do que participarán en cantos de taberna nunha vintena de bares da localidade arzuá.