Brión convoca o Premio Laudamuco para textos teatrais

La Voz

BRIÓN

25 oct 2019 . Actualizado a las 04:55 h.

O Concello de Brión convocou a segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais en galego, que está dotado con 7.000 euros e a edición da obra gañadora por parte de Edicións Positivas. O tema e a extensión do traballo son libres e poderán optar ao galardón todas aquelas persoas de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada. O prazo de admisión remata o 14 de febreiro. O Concello anunciou a convocatoria nun acto no que se presentou o libro Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega, de Manuel Quintáns.