
Incluirá tres proxeccións no Hotel Balneario Compostela
25 feb 2023 . Actualizado a las 01:56 h.O Hotel Balneario Compostela acollerá do 17 ao 19 de marzo a primeira edición do Festival Otremo dedicado ao cinema galego. Está organizado polo Concello de Brión e Aldea Producións. «Live is life, la gran aventura» abrirá o certame o día 17 ás 20.00 horas, coa presenza de dous dos protagonistas. O día 18 proxectarase «Código emperador», protagonizado por Luís Tosar. O peche será o domingo 19 con «Valentina», gañadora dun Goya.