A comarca melidense queda sen un valedor da súa terra

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

Melide despide a José Varela Segade (Visantiña, Santiso, 1933)

11 oct 2018 . Actualizado a las 05:10 h.

Melide perdeu hai uns días a un home da terra, coñecedor dela e comprometido e con confianza nela. José Varela dixo adeus con 85 anos, logo de máis de media vida dedicado á prolífera e prezada familia que deixou de herdanza e á posta en valor do medio rural e da súa xente. Home adiantado ao seu tempo, soubo ver na unión a fortaleza precisa para defender os intereses do sector e así, no 1979, participou activamente na fundación da cooperativa agraria da comarca, Melisanto, na que exerceu de presidente ata hai una década. Permaneceu vinte e cinco anos no cargo e sen o seu labor nese cuarto de século non se entendería Melisanto, nin sería o que hoxe é. A cooperativa da Terra de Melide naceu da alianza dun puñado de gandeiros e con el superou os seiscentos socios, á disposición dos que se puxeron necesarios servizos para o sector lácteo. Froito da súa xestión tamén foi a apertura da sociedade agraria á comercialización dos produtos de horta, entre outros logros, como o recoñecemento social que favoreceu da muller labrega como piar da terra que lle debe ser leve.