Ordes sae ao rescate de tres árbores enfermas

alicia pedreira ORDES / LA VOZ

ORDES

Os traballos durarán esta semana ou máis, polo mal tempo.
Os traballos durarán esta semana ou máis, polo mal tempo.

Operarios iniciaron esta semana na alameda a poda de vinte exemplares que xa provocou polémica

13 nov 2014 . Actualizado a las 18:58 h.

Como cada ano por estas datas, os operarios do Concello iniciaron a poda das árbores da alameda de Ordes. En total son uns vinte exemplares, e dado que a chuvia está dificultando o desenvolvemento do traballo, calculan que este se prolongue alomenos unha semana. Ademais de cortar as pólas sobrantes, o persoal encargado tamén se ocupa de retirar o musgo que medra arredor dos troncos das árbores e aplicarlle un líquido para a súa limpeza.

Pero hai uns exemplares enfermos que centran as atencións dos traballadores. O causante é un fungo que pode poñer en risco a saúde destas árbores xa centenarias. Dende o Concello confirmaron onte que son tres os plataneiros afectados, e que xa se lles está administrando o tratamento pertinente, co que «evolucionan correctamente, tal e como estaba previsto».

O asunto viuse envolto na polémica hai unhas semanas, cando o Partido Popular de Ordes sinalou «un exceso de motoserra nas ramas» coma o desencadeante da enfermidade.