
As actividades comezarán de mañá con obradoiros e rematarán coa foliada da noite na alameda
06 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Convidada, organizada por Embruxo Gaiteiros, volverá encher Ordes de música tradicional o vindeiro sábado día 11. A oferta formativa incluirá un obradoiro de fabricación de pandeiro e iniciación ao baile tradicional, entre outros, con inscrición en convidadaordes@gmail.com.
Na parte musical, ofrecerá a mediodía un concerto A Requinta de Lampai; pola súa banda, os grupos participantes nos cantos de taberna xuntaranse ás 19.30 horas na alameda de Ordes, para saír cara os bares da localidade. A foliada de remate comezará ás 22.30 horas de novo na alameda con grupos da comarca, abríndose logo á participación de quen queira tocar ou cantar. Haberá sorteos dunha pandeireta, dun pínfano e dun año.