Padrón nomeará a Xesús Palmou Peregrino de Honra

La Voz PADRÓN / LA VOZ

PADRÓN

PACO RODRÍGUEZ

O acto está programado para o día 24 deste mes

08 jul 2021 . Actualizado a las 08:48 h.

O Concello de Padrón distinguirá a Xesús Palmou, director da Academia Xacobea, como Peregrino de Honra. O alcalde, Antonio Fernández, será o encargado de entregarlle o cuarto galardón Padrón, Berce do Xacobeo, dentro do programa de actividades do Día do Peregrino, que se celebrará o 24 deste mes. Será ao acabar un acto relixioso na igrexa parroquial.

O alcalde padronés Antonio Fernández explica que se "trata dun premio que entregamos cada ano a unha persoa de relevancia, que fará de embaixador padronés e do noso Camiño aló por onde vaia durante o próximo ano”. O “Padrón, Berce do Xacobeo” é un galardón creado no ano 2017 polo Concello de Padrón para homenaxear a figura do peregrino, en xeral, personificado nunha figura relacionada co Camiño. Así, nas tres edicións anteriores foron distinguidos o locutor radiofónico Pepe Domingo Castaño, o estudoso do Camiño Manuel Garrido e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Os actos de conmemoración do Día do Peregrino comezarán ás 12:00 horas co “Chronicón Iriense”, unha visita teatralizada da man do actor Suso Martínez desde a igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia a Padrón. A participación nesta visita é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado. Ás 13:00 horas terá lugar a Misa do Peregrino na igrexa parroquial de Santiago de Padrón. Ás 13:30 horas, o alcalde de Padrón fará entrega do galardón